O PSOE de Arteixo esixe solucións urxentes ante o deficiente servizo de Axuda a Domicilio na zona norte 

Os socialistas denuncian os  incumprimentos continuos e falta de atención aos usuarios mentres o goberno local mantén unha xestión privatizada ineficaz 

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo quere trasladar a súa profunda preocupación pola situación que atravesa, unha vez máis, o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) en Arteixo. 

O portavoz socialista, Martín Seco, relata que “este servizo esencial leva anos funcionando de forma deficiente”, cunha cadea de empresas concesionarias que entran e saen sen continuidade, acumulando incumprimentos de contrato e ofrecendo condicións laborais precarias ás súas traballadoras. 

Según Seco, as denuncias por parte das usuarias e usuarios repítense: falta de continuidade no persoal, falta de formación das novas incorporacións e unha evidente perda de calidade asistencial. “Non é admisible que persoas maiores ou dependentes teñan que formar ao persoal que as atende ou queden sen asistencia por fallos de coordinación da empresa concesionaria, como sucedeu recentemente na zona norte do concello”, sinala. 

Mentres tanto, os socialistas afirman que as traballadoras do sector sofren un convenio autonómico obsoleto, contratos inestables e salarios baixos, sufrindo vulneracións reiteradas dos seus dereitos “sen que dende o goberno local se tomen medidas reais”. 

O voceiro socialista explica que o goberno local ven de desestimar un recurso da empresa adxudicataria da zona sur por incumprir o prego de condicións, ao mesmo tempo que na zona norte algúns usuarios/as quedaron sen atención. “Esta situación confirma unha vez máis que o sistema actual non funciona” insiste Seco. 

Hai un ano, o noso grupo xa propuxo mediante moción a municipalización do servizo como única vía para garantir estabilidade, calidade asistencial e mellores condicións laborais e formativas para quen atende aos nosos maiores e persoas dependentes. Porén, o goberno local segue apostando por un modelo de xestión privatizada que claramente fracasa. 

Por todo isto, o Grupo Socialista pregunta ao goberno local que está a suceder coa falla de atención aos/ás usuarios/as da zona norte do SAD, cales son as medidas tomadas para evitar que estas persoas sigan quedando sen servizo, e se seguen considerando que a xestión privada está a garantir un servizo digno e eficiente. 

Desde o PSOE de Arteixo reiteramos a nosa demanda de que se priorice a atención ás persoas e se afronte este problema “con valentía política e vontade real de cambio”. 

Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo denuncia a pasividade do goberno local ante o peche da Escola Unitaria da Lagoa tras investir máis de 600.000 euros na súa reforma

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo solicita ao goberno local que elabore un Plan Director de Surf e tramite a adhesión á Rede de Pobos do Surf