O PSOE de Arteixo pide ensanchar o tramo final da rúa Eduardo Pondal para garantir o acceso de vehículos de emerxencias
Os socialistas reclaman ao goberno local que actúe con urxencia e estudie a cesión ou expropiación do terreo necesario para garantir a seguridade da veciñanza
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentou no último pleno un rogo solicitando o ensanche da rúa Eduardo Pondal no seu tramo final cara á rúa Ángel del Castillo, debido aos graves problemas de estreiteza que impiden o paso normal de vehículos de emerxencias.
A veciñanza trasladou ao grupo socialista esta situación, que “xera un risco evidente en caso de urxencia sanitaria, incendio ou rescate”, ao non poder acceder ambulancias oucamións de bombeiros con normalidade.
O PSOE de Arteixo considera que o Concello debe analizar e executar con carácter urxente unha actuación de interese social, negociando cos propietarios a cesión ouexpropiación da superficie necesaria para garantir a seguridade e o tránsito adecuado nesta rúa.
O portavoz socialista, Martín Seco, destacou que “non se pode esperar a que acontezaunha emerxencia para actuar; hai que garantir xa que os servizos de urxencia poidanacceder a todos os puntos do casco urbano sen impedimentos”.O grupo socialista insiste en que a planificación urbana debe poñer no centro a seguridade das persoas, e lembra que “a mellora deste tramo non é un capricho, é unhacuestión de responsabilidade e prevención”.