O PSOE denuncia o “falso ecoloxismo” do PP de Arteixo e solicita máis carrís bici e  regulaxe para os patinetes eléctricos

Os socialistas censuran que o Concello non teña planificado nin un só metro de vía ciclista nas súas obras

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo instou  ao Goberno local do Partido Popular a abandoar a propaganda sobre mobilidade sostible para poñerse a traballar de xeito urxente nunha ordenanza municipal de mobilidade. 

A formación alerta da "inseguridade viaria e a confusión" que provoca a falta de regulación sobre o tránsito dos novos vehículos de mobilidade persoal (VMP), como os patinetes eléctricos e as bicicletas, tanto nas beirarrúas como nas vías do municipio.

O PSOE reprocha ao alcalde, Carlos Calvelo, que presuma do uso de transportes de baixas emisións mentres Arteixo se atopa "na retagarda da comarca", sen normativas claras que protexan aos viandantes e sen infraestruturas adaptadas e seguras para os usuarios de bici e patíns.

O voceiro socialista, Martín Seco, sinala que a gran maioría dos concellos da contorna xa se puxeron ao día aprobando ordenanzas específicas que regulan por onde poden circular os patinetes, a que velocidade, a obrigatoriedade do casco ou onde se poden estacionar. Porén, en Arteixo o Executivo do PP fai o "oído xordo" ás reiteradas advertencias da oposición.

A maiores do baleiro regulatorio, o PSOE pon o foco na "falta de proxecto e planificación" nas obras públicas municipais. Como exemplo, o grupo socialista contrapón a recente actuación da Xunta de Galicia no tramo entre Candame e Lañas, que si inclúe carril bici xunto ás beirarrúas, coa inacción do propio Concello.

"Na mesma estrada AC-552, tanto no tramo de entrada a Arteixo dende Candame como no seguinte treito cara a Lañas, non existe ningún tipo de carril bici. O máis grave é que nas obras que dependen e financia directamente o Concello de Arteixo non vemos que se cree nin un só metro de carril bici propio.Cantos proxectos ten previstos a día de hoxe o gobrno municipal para a creación de novos traxectos e redes de carril bici no concello de Arteixo?  Non se sabe", denunciou Martín Seco.

"Non se poden facer fotos falando de sustentabilidade e despois ter as rúas sen un só metro de carril bici municipal e sen normas para os patinetes eléctricos. Arteixo precisa seguridade, conexións reais e unha ordenanza de mobilidade moderna, non máis fume nin falso ecoloxismo por parte do PP", manifestou o voceiro socialista, Martín Seco.

Siguiente
Siguiente

O PSOE insta a Calvelo a cumprir unha das suas promesas de 2016 e construír un novo campo de chave en Pastoriza