O PSOE insta a Calvelo a cumprir unha das suas promesas de 2016 e construír un novo campo de chave en Pastoriza

Os socialistas denuncian que o recinto segue en mal estado unha década despois do incendio, mentres o Goberno local marxina ao club fronte a outras parroquias

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo reclamou ao alcalde, Carlos Calvelo, que cumpra coa palabra dada hai dez anos e execute de xeito inmediato o novo campo de chave na parroquia de Pastoriza. A formación denuncia o "abandono absoluto" que sofre este deporte tradicional na zona, onde os xogadores manteñen a súa actividade en instalacións degradadas e sen os mínimos de seguridade.

Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista,  lembra que os problemas do recinto remóntanse ao ano 2016, cando un incendio forestal calcinou as instalacións. Naquel momento, os socialistas esixiron axuda municipal para recuperar o espazo, ao que o alcalde respondeu publicamente nos medios de comunicación comprometéndose a construír unha nova pista integrada nas obras do campo de fútbol de Pastoriza, derribando a antiga para anchear a rúa.

Unha década de promesas incumpridas e agravio comparativo

Transcorrido unha década daquel anuncio oficial, o compromiso do Partido Popular segue metido nun caixón. O voceiro socialista, Martín Seco, criticou a "dobre vara de medir" do goberno de Carlos Calvelo coas distintas parroquias do municipio, xerando un evidente agravio comparativo cos xogadores de Pastoriza.

"O Concello actuou, arranxou ou construíu novos campos de chave en outras zonas onde se practica este deporte tradicional: Suevos, Rañobre, Meicende, A Borroa e no propio núcleo urbano de Arteixo. Pero o PP deixou fóra e esquecida a Pastoriza", denunciou o voceiro socialista.

Dende o grupo socialista salientan o esforzo dos integrantes do club de chave de Pastoriza, que levan anos mantendo viva esta disciplina e competindo a pesar do mal estado do chan e do contorno.

"Carlos Calvelo prometeu en 2016 que Pastoriza tería unha pista de chave nova e digna aproveitando as obras do campo de fútbol. Pasou unha década, o campo segué en malas condiciones e a palabra do alcalde quedou en papel mollado. Non se pode marxinar aos veciños de Pastoriza nin aos nosos deportes tradicionais. Esiximos que o PP deixe de dar escusas e faga hoxe o que prometeu hai dez anos", manifestou o voceiro socialista, Martín Seco.

Anterior
Anterior

O PSOE denuncia o “falso ecoloxismo” do PP de Arteixo e solicita máis carrís bici e  regulaxe para os patinetes eléctricos

Siguiente
Siguiente

O PSOE acusa ao goberno local de "pasividade" ante a alerta por seca e esixe coñecer o protocolo de consumo de auga en Arteixo